28 noviembre 2006

Danza da lúa en Santiago

¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!

É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.

Fita seu corpo transido,
negro de somas e lobos.

Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

¿Quén fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?

¡É a lúa! ¡É a lúa!
na Quintana dos mortos.

Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.

Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¡Ai filla, co ár do céo
vólvome branca de pronto!

Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.

¿Quén brúa co-este xemido
d'imenso boi melancónico?

Nai: é a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.

Si, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
¡que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!

Federico García Lorca Seis poemas gallegos


2 comentarios:

Cobiñas dijo...

Lembro a máxica versión de Carlos Nuñez, co engadido fantasmal desas voces dos anos 20 que choran o seu canto de arrieiro dende o centro da Quintana dos mortos.
Apertas, Andrea

Ra dijo...

Que gozada de poemas gallegos de Lorca!