02 diciembre 2018

Penitente

"Mentres modifiques os teus pequenos mundos e te refagas, primavera a primavera, eu seguireite agardando e aturando as túas demoras, penitente. Refareime tamén eu todos os días, para achegarme á mesma encrucillada de camiños, por onde non pasarás. As ausencias curtiranme e, se ao cabo do mundo, apareces onda min, aliviareime de ti, cansa de tanto pensarte. Aliviareime de ti."
Iolanda Zúñiga. Vidas post-it.