23 octubre 2006

Una estética de la provocación

Hace unos años –y casi por casualidad- la literatura gallega me regaló una de las tantas sorpresa que me guarda: encontré la novela Polaroid de Suso de Toro. El texto, para mí deslumbrante por diversos motivos, es un acto de provocación y de justicia poética. Pero no crean que estoy por hacer una apología de un texto que no la necesita. Sólo pretendo llenar un vacío. Desde el 86, dos fragmentos de Polaroid se autonomizaron respecto del límite que fija la pertenencia a un texto mayor. Me refiero, por supuesto, a los Manifestos kamikazes. Increíblemente, esos fragmentos no pueden encontrarse en internet. Me dispongo hoy a tipearlos como un regalo para los navegantes y como un homenaje a esa gran novela de la literatura de Galicia que es Polaroid:


“(APOTEOSE DO CHURRASCO)

MANIFESTO KAMIKAZE

Confesemos en voz alta o cancro irreversible que roe o país, démoslle unha morte digna a esta prea que xa fede. ¿De que vale esta agonía alongada?

No seu tempo, Manuel Antonio tivo a radical audacia de mandar á merda toda a literatura galega. Celso Emilio, no seu, enfrentouse á verdade oficial e descubriu o que coidou verdadeiro rostro do país e nun ataque suicida tirouse a escornar contra dos Ananos imparables, vermes da autodestrucción. Pasou o tempo e o cancro adonouse ata o cerne de todas e cada unha das extremidades desta prea podre.

¿Como reprimi-lo gómito diante de tanta solemne inauguración presidencial de Feiras da Empanada argalladas por Asociacións de Amas de Casa? ¿Como aturar tanta procesión da Mortalla da Cantora, santa avogosa da Saudade, tanto menea-la pantasma do ‘ilustre polígrafo rianxeiro’? Abandonemos só un intre o escepticismo, o sarcasmo e o cinismo e teñámo-la radical honestidade de amosa-lo verdadeiro rostro do país, porque debaixo de tanta discreta mezquindade e mediocridade CORRE UNHA VEA LOIRA de MERDA, CORRE UN RÍO DE XUDRE.

¿Seguiremos a asistir e a oficiar impasibles esta lenta, morosa ceremonia de esterilidade, autoodio e extinción? ¿Deixaremos que eses monifates solemnes, monstros mutantes de pel untuosa e mol coma a empanada, que axudan ese bafo a esterco que escorrentan co botafumeiro do ‘enxebre’, sigan a contemplar rexoubando dende a altura esta agonía lamentable? ¡FRENTE DO SOMETIMENTO E A INDIGNIDADE DUN PAÍS DE BOIS, ERGÁMO-LA TESTA CON ORGULLO, MESMO CON INSOLENCIA!

Os incendios que inzan o páis ameazándoo de desertizar son aínda tímidos. A desaparición do noso idioma esmagado polo invasor é excesivamente lenta, e, ¿imos deixar que o rematen outros?

Non hai volta atrás e estamos ó cabo do camiño, ¡CAMIÑEMOS! ¡CONDUZAMOS NÓS ESTA MORTE CON DIGNIDADE! ¡DESTRUÁMO-LO QUE QUEDA DO PAÍS! ¡DESTRUÁMO-LO QUE QUEDA DA NOSA CULTURA E DO NOSO IDIOMA! ¡REMATEMOS!

(APOTEOSE DO CHURRASCO)

GALICIA, ESA MERDA


Gallegos, vermes mutantes que habitades e vos mantedes deste país que é un morto que fede, unha prea que atufa. Galicia, esa rémora que odia o novo, os cambios, a vida, que se emborcalla na rutina, na ignorancia, na desconfianza. Galicia, patria noxenta da mediocridade. Galicia, ese territorio habitado por eses non-seres, sub-homes cunha leira na cabeza, eses seres mezquinos chamados gallegos. Raza furtiva e esquiva que extende a súa infame indignidade por tódolos recunchos do planeta.

¿É a VIDA logo esta moitedume de pantasmas ocupada en autodestruírse? ¿Nos será a MORTE? ¿Non será a morte esas sombras semiexistentes penosamente adicadas a que todo siga igual?

¿Non é a morte esas recuas de homínidos que periódica e ritualmente votan e escollen entre eles ós máis infames para que os destrúan? ¿Non é a morte a súa literatura, esa queixa monótona, gris e impotente, feita por catro pelmas para vinte plastas?

¿Pero é que logo NON SÓDE-LA MORTE?

Son cativos eses afáns autodestructivos de esta reserva lamentable de pantasmas (incendios forestais, destrucción das costas, do idioma,...), sempre incertos, dubidosos, e frenados por un certo agarrarse á mediocre subsistencia pantasmal. NÓS DESEXAMO-LA DESTRUCCIÓN E ENTERRO DESTE MORTO, o voso alimento. Somos partidarios da eutanasia e queremos unha morte digna para este indigno ser semivivo.

¡PROFANÉMO-LO PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES!

¡DERRUBÉMO-LA CASA-MUSEO DE ROSALÍA!

¡FAGAMOS CROQUETAS COA MOMIA DE CASTELAO!

¡REMATEMOS CON GALICIA E O GALLEGO!

KAMIKAZES”

Suso de Toro Polaroid

No hay comentarios.: