17 mayo 2007

Día das Letras Galegas

Si algo de ti alenta en forza viva,
si algo de ti méntralo vas menguando,
si eres causa,
encende luz-día na cinsa dos mortos
-escoitos de latís i olladas pechas-
encende luz apagada daquel día que sobra, encende,
ti que eres dono, aqués días de luz-verba, días
atropados no camiño que non se anda, encende
aquel día de calma -onda
de ondas-,
encende a nave das cousas -velada rica-,
encende e chama.
Chama ás cousas que non son delas,
chama hasta que desperten do seu sono xordo
e poidas facer brío na calma hasta enmedar verba espaiada e
segar peito ca forza entre o corazón frío xa.
Encende a cinsa dos ósos en luz que nos diga.
Ósos que lle ofreceches á noite!
Fai mareas en mares de sangre
que deixaches enfriar,
fai mundo certo de verbas que secaches en terras novas.
Fai e conta.
Conta as presadas de barro que axunta o meu currucho de terra.
Si son muitas, delas teño medo.

...

Veinme as cousas hoxe nunha.
Esprito amigo,
encende, chama e di.

María Mariño Verba que comenza



[No es casual que, en este día de números redondos, escriba el post 100]


3 comentarios:

homesdepedra dijo...

Que pouco coñecida era Maria Mariño; pero que fermosas eran as suas verbas.
Eu entono o meu particular "Mea Culpa" por non haber descuberto antes de agora a esta grande das letras galegas.
Unha aperta Andrea.

Ra dijo...

Enhorabuena por esta elección "redonda" y por tus 100(que sean muchos más) . Esta María en concreto es bonita, bonita,(bis).
Un abrazo enorme

Cobiñas dijo...

Manuel: eu tampoco coñecía a María Mariño. Nunca é tarde, ¿non? Unha aperta.

Ra:Coincido: verdaderamente, los poemas de _Verba que comenza_ me gustan mucho. Abrazos.