17 agosto 2006

Memoria da noite

De www.luarnalubre.com:

"He aquí el canto dolorido de Luar na Lubre tras la catástrofe de aquel petrolero que vomitaba insignificante “hilillos” de fuel, según el diagnóstico de la imperturbable clase dirigente. Bieito Romero escribió una melodía hermosa y triste para remitírsela a Xabier Cordal, insigne poeta y compañero de risas y vinos durante muchas tardes por el viejo casco histórico coruñés. El resultado, lejos de cualquier tentación panfletaria, es esta bella canción de amor bajo los designios de ese mar que fascina, intimida y da alimento a todo un pueblo.

Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS."


2 comentarios:

torredebabel dijo...

ola Andrea! hoxe é o día dos blogs e mira as cousas lindas que di da tua páxina o editor de Xerais en www.bretemas.blogspot.com
Tamén eu falei de ti na miña páxina. Apertas e feliz día!

Cobiñas dijo...

Pero, moitas grazas, Torredebabel. Alégrame moito que este espazo que pra min é un xogo –e as veces unha catarsis- vos guste. Unha aperta, Andrea