01 mayo 2009

Non hei barqueiro nen sei remar

Sedia-me eu na ermida de San Simón
e cercaron-mi as ondas que grandes son.
Eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo.

Estando na ermida, ante o altar
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo.

E cercaron-mi as ondas que grandes son,
non hei barqueiro nen remador.
Eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo.

E cercaron-mi as ondas do alto mar,
non hei barqueiro nen sei remar,
Eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo.

Non hei barqueiro nen remador,
morrerei fremosa no mar maior
Eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo.

Non hei barqueiro nen sei remar
e morrerei fremosa no alto mar
Eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo.

Mendiño "Sedia-me eu na ermida de San Simón", século XIII.

1 comentario:

Antón de Muros dijo...

O tema central desta cantiga é a angustia e a soidade e por último o perigo de morte ;-)

Unha aperta.

Antón.