18 septiembre 2007

Arriesga lo que tienes por aquello que amas

"Ficaron en silencio. Amador remaba ritmicamente e sen esforzo polo centro do río, deixándose levar pola corrente. Pasaron sucesivamente as pontes, e quedaron atrás as luces da cidade.

Na escuridade, sentados cada un nun extremo da barca, non ollaban os rostros. Pierre Francesco sentía un amor inmenso por aquel home de firmes e singulares conviccións, que estaba a xogar a súa vida por él. 'É un exemplo de fidelidade', pensou. Dende neno aprendera a máxima que inspirou a vida de Filipo Borghese, e que este gravou nos miolos do neto.

-Non teñas medo do medo e arrisca o que tes por aquilo que amas. E Amador, vello barqueiro, pozo insondabel de visións e certezas, coñecedor dunha terra de silencios e misterios, conversador coas nubes e coas pedras, ensináballe de novo e río abaixo a antiga lección."

Francisco Fernández Naval O bosque das antas.

7 comentarios:

Homesdepedra dijo...

Sempre, todos os textos que pos, fanme pensar.
O que non sei si eso de pensar e bo porque disque quen lle da moitas voltas os miolos termina no frenopatico.

As veces dan gañas de non pensar en nada e deixarse levar pola corrente sendo solo espectador do mundo e non actor.

Apertas, Andrea

Cobiñas dijo...

Fixéchesme lembrar o que escribiu o poeta mexicano Mario Santiago Papasquiaro "Si he de vivir, que sea sin timón y en el delirio".
Pola miña banda, eu -se me deixan- prefiro elixir o rumbo.

Unha aperta, Andrea

homesdepedra dijo...

No meu traballo teño que elixir rumbos continuamente.
Pero as veces gustaríame deixar o barco o son do mar e do vento para que el o azar decidise por min.
A si mesmo pásame ca miña vida, todo calibrado e milimetrado, non seria malo deixar que o azar decidise por min algunha vez , así o destino non podería reclamarme danos e prexuízos.

Ra dijo...

Me encanta este hombre...
bonita (e)lección: huyamos del miedo al miedo.
Bicos de outono, Andrea.

Cobiñas dijo...

Ra, en www.blogoteca.com/lectoresenbosaires
podés ver un video que Fernández Naval nos envió a los lectores del Tortoni acerca de su novela _O bosque.._

Un abrazo, A

Ra dijo...

Andrea...ando conectada en la biblioteca de la Facultad de Cc. Políticas de Granada, y voy a tener que esperar para ver el video...pero me apunto la dirección, gracias!!
Besos entre libros y libros

Anonymia dijo...

Muy hermoso. Me identifico, lo q' al fin de cuentas es el maravilloso hallazgo de la poesia.
Gracias.