16 julio 2009

Na flor dos meus anos

A interpretación desta canción na voz da Señora Carmen garda para min unha profunda emoción que non quero deixar de compartir con vós.



Ai alá na flor dos meus anos
ai fun anos sacrificada
Ai sufrín penas, sufrín males
Ai, ai o que eu levo pasado

Ai os meus olliños secaron
Ai de tanto por ti chorare
Agora non teño consolo
Ai aliviai o meu penare.

¡Ai Sara!¡Ai Dora!
¡Ai Sara, túa nai chora!
¡Ai Sara!¡Saronhe!
¡Ai Sara, do corazonhe!

Ai estreliña do mencere
Irmán pequeniña da lúa
Non aumentes as miñas dores
Ai deste mal que non ten cura.

¡Ai Sara!¡Ai Dora!
¡Ai Sara, túa nai chora!
¡Ai Sara!¡Saronhe!
¡Ai Sara, do corazonhe!

Ai San Antoño de Lisboa
Ai feito de pau de sanguiño
Ai dame lume, dame forza
para non perde-lo camiño

¡Ai Sara, Sariña!
¡Ai Sara, ti é-la miña!
¡Ai Sara, Saronhe!
¡Ai Sara, do corazonhe!